Piden a eliminación dun niño de avespa velutina na área infanti de San Pedro da Redonda

Niño de avespa velutina no alto dunha árbore de San Roque da Redonda, en Corcubión

Segue a Costa da Morte pendente dos niños da avespa velutina. Desta volta é unha veciña de Corcubión a que avisou da presencia dun niño de avespa asiática na área recreativa de San Roque Redonda, unha zona na que xogan numerosos nenos.

Xa leva varias semanas o niño medrando e medrando, e dende o Concello avisaron a unha empresa dependente de Tragsa para eliminalo. Pero a chegada desa empresa non foi frutífera, pois dada a altura do niño non puideron facer nada.

Precisamente a altura do niño é o gran problema. Pola volta, Pedro, de Protección Civil de Cee, xa ten eliminado 35 niños pola zona, e xa ten varios en lista de espera. Xa se ofreceron a eliminalo pero necesitarían que o Concello de Corcubión mobilizase un camión-grúa para poder chegar ata el.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).