A oposición critica critica a subida de impostos do goberno corcubionés

Imaxe do Pleno de Corcubión

Subida xeralizada de impostos en moitos Concellos da comarca, sen importar a cor política. Tampouco importa a cor política na oposición, e temos colleitado críticas de todos os grupos. En Corcubión, a subida do Imposto de Bens Inmobles aprobada polo goberno do BNG, co apoio de Sempre Corcubión no pasado pleno, ten xa as críticas tanto de PSOE como de PP.

Unha suba do IBI Urbano (a chamada "contribución") que pasa do 0,445% ao 0,50% (un 12,36% de incremento), que o PSOE califica de "auténtica machada aos petos dos nosos veciños". Un PSOE que se abstiña na votación, algo que criticou o PP.  “Absterse é poñerse de lado –en relación ao PSOE-, é non asumir a responsabilidade e é facilitar o camiño do Gobierno Local. O que tocaba era votar en contra”, lamentou o voceiro popular Jose Buiturón.

O PP acusa ao Goberno Local de incumprir o seu programa electoral tras aprobar a suba. “Non se pode mentir de maneira tan descarada, nin enganar aos
veciños desta forma”, subliñou Domínguez.