Protestas dende a oposición polo curto programa de Nadal en Corcubión
Coñeciamos estes días o programa de Nadal de Corcubión, baseado grandemente nas actividades organizadas polas asociacións. Hoxe sae unha crítica á voz pública da portavoz do PP de Corcubión, Gema Freire, que "lamenta a desidia do actual alcalde á hora de fixar a programación cultural para as festas do Nadal".
Centras as críticas Freire na "falta de iniciativas para os mozos e máis pequenos". A portavoz popular considera que "o concello debería incentivar máis as actividades lúdico - recreativas e proporcionar unha maior e variada oferta de eventos". Dá opcións como "talleres formativos, culturais, recreativos, así como tamén de manualidades para nenos e maior variedade nas actividades deportivas".
Critica que sexan tan só 3 os días nos que hai programación cultural en todo o nadal.
Novas relacionadas
- Baile, corais e moito deporte no Nadal corcubionés.
- Queixas e satisfacción na oposición corcubionesa.