Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Queixas e satisfacción na oposición corcubionesa

Queixas e satisfacción na oposición corcubionesa
Os grupos do BNG e PP de Corcubión fan públicas as súas últimas consideracións, sempre detrás dalgunha actitude do alcalde.

O BNG satisfeito coas obras do POS

Desta volta, o BNG manifesta a súa satisfacción pola decisición do concello de arranxar o lavadoiro da Oliveira , e a construcción do abastecemento de auga na Amarela cos catos do Plan de Obras e Servizos. Unha proposta que propuxo o BNG hai uns meses e que satisface as demandas dos veciños da parroquia.

O PP pide dinamización comercial

Pola contra, o PP denuncia que o alcalde se esqueza de dinamizar e apoiar o comercio local. Cre Gema Freire, voceira popular, que debe ser o concello o que dinamice a actividade do pequeno comercio e da actividade cultural do municipio. Ademais Desde o PP lamentan que desde xullo deste ano o Concello non atenda ás demandas dos Empresarios de Corcubión, EMPRECOR, pois aparte de non incluír na sinalización do Camiño de Santiago os negocios e servizos, están pendentes dun local que non sexa compartido con outras asociacións acorde coas súas necesidades.

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa do BNG e do PP de Corcubión.

Comentarios