As representacións históricas manteñen moi vivas as citas medievais de Corcubión e Camariñas

O Fauno, xa unha lenda do Mercado Medieval de Corcubión-Foto-Rivendel

Segue triunfando o poder históricos das festas costeiras. Despois da revolta irmandiña do Asalto, o Encaixe no Camiño e, sobre todo, o Mercado Medieval de Corcubión, demostran que estas festas temáticas, cun fío histórico, teñen a súa cabida nestes veráns costeiros nos que a verbena impón a súa ditadura.

As representacións históricas lembrando sucesos concretos das vilas danlle sentido ás festas e as diferencian das feiras medievais de bazar.

Unha nova vida en Corcubión

O Mercado Medieval de Corcubión, nesta a súa 24ª edición, volveu vivir unha rexuvenecida cita. A organizacióin, que salvou o Mercado hai un par de anos, e que xa anunciou que dá o relevo, recuperou eses anos de implicación veciñal, nos que a vila, e toda a comarca, se visten de época.

Porque a feira corcubionesa ten 3 alicerces: Por un lado un casco vello ideal e ben engalanado para ocasión; un pobo que se disfraza, e unha representación teatral singular: O Desembarco.

Imaxe do Desembarco-Foto-Rivendel

Foi na tarde-noite do venres (depende das mareas) cando máis dun centro de persoas invadiron o areal do centro da vila para levar adiante a representación do desembarco das tropas do Arzebispo Rodrigo de Luna no pobo de Corcubión en 1457 é un dos eventos de teatro colectivo máis fermosas do verán. Baixo a dirección de Marina Gómez, Fernando Castro Paredes e o equipo de Farándula Velutina, coa voz en off e de narrador de Santiago Fdez., as Elisa Lema, Fernando Castro Paredes, Efrén Arteaga e Fran Hermida fixeron de principais protagonistas na obra.

Pero a finde vai moito máis alá, coa música sempre como fío condutor na vila de San Marcos, onde os pasarrúas teatrais e musiqueiros son unha auténtica tradición.

A procesión dos fachos-Foto-Rivendel

Emotivo tamén o discurso da actriz corcubionesa Judith Fernández, que despois de triunfar con Rondallas quixo destacar a sorte que ten por ter nacido en Corcubión.

Camariñas e o seu Encaixe no Camiño

Autoridades no Encaixe no Camiño

Vaise afianzando o Encaixe no Camiño, organizado pola Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas. Nesta 9ª edición volveuse dar a total unión entre o patrimonio histórico do Camiño de Santiago e a tradición do encaixe, un dos principais sinais de identidade da Costa da Morte.

Tamén aquí a historia é chave para darlle un sentido á feira. Neste caso hai dúas citas, a rerecreación histórica da chegada do Rei Alfonso IX a Camariñas en 1228, así como a Lenda da Dama italiana, que representa a chegada desa muller que, tras sobrevivir ao naufraxio nas costas de Camariñas, acabou compartindo a arte do encaixe.

A cita histórica tivo tamén a súa componente gastronómico, coa segunda edición Festa do Marisco.

A delegada da Xunta Belén do Campo no Encaixe no Camino

Máis novas