Rescatados na Lobeira Chica dous tripulantes dunha embarcación que envorcara

Imaxe de Salvamento realizando exercicios de prevención na ría de Corcubión
  • Unha embarcación tivo que ser remolcada esta mañá dende Touriñán ata o porto de Camariñas

Eran as 22:00h cando Salvamento recibía unha alerta polo envorco dunha embarcación camariñá na ría de Corcubión, preto das Illas Lobeiras. Os dous tripulantes lanzábanse ao mar e comezaba un dispositivo de busca co helicóptero de rescate Pesca I, Protección Civil de Corcubión e de Camariñas.

Pouco despois o helicóptero os localizaba na Lobeira Chica.

O dispositivo continuou buscando sen éxito a embarcación, que puido ter afundido.

Os dous tripulantes foron rescatados en bo estado de saúde aparente e foron trasladados ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Exercicios

Dase a circunstancia que onte Salvamento estivo realizando exercicios de formación e prevención na ría:

Á deriva en Touriñán

Ademais, esta mañá tamén houbo que saír a remolcar unha embarcación á deriva en Touriñán