O Roquiño recupera en Corcubión as feiras de sempre
11 de xullo de 2025 (07:10 h.)
Seguen as xentes da Redonda e da Amarela recuperando a parte das tradicional das feiras de toda a vida. A Feira Saber e Sabor da Aldea volve este verán coa esencia das poxas e das trocas de hai 60-70 anos, e para ir animando a xente, as aldeas veñen de crear a figura do Roquiño.
Co nome que lle dá o Campo de San Roque, este singular personaxe tallado polo artista do lugar Guillermo Lourido, baixará ao pobo en tractor este vindeiro sábado 12 de xullo, para invitar a todas as xentes á feira "O Saber Sabor da Aldea".
Será o sábado 12 a partires das 11 da mañá cando se salirá dende o Vilar e se realizará unha volta por toda a parroquia, para acabar chegando ata a praza de Corcubión.