O Sr. Lobo Cineclub mantén a aposta por ver, compartir e falar da sétima arte

Pablo Álvarez e Juan Ignacio no Sr.Lobo Cineclub Costa da Morte de.Foto-Rebeca Ayala

Continúa a actividade do Sr. Lobo Cineclub Costa da Morte. Tras un mes de abril que pasou por clásicos como “A noite dos Mortos Vivintes” ou por Buster Keaton, afronta o mes de maio con outra peza de museo. Este grupo de “adictos ao cinema” entre os que atopamos a Suso Bahamonde, Pablo Álvarez, Juan Ignacio ou Eduardo López entre outros, compartirán unha nova sesión este xoves 7 de maio ás 21:00h na Casa da Cultura de Corcubión.

Alex López e Edu López no Cineclub Costa da Morte-Foto-Rebeca Ayala

Desta volta, o filme elixido é "The Salt of the Earth" (O sal da terra, 1954), un filme que a duras penas foi estreado na época nos cines de EE UU por ser considerado "subersivo e comunista". Tan só 12 cines no país foron quen de exhibilo.

Escrito por Michael Wilson e dirixido por Herbert J. Biberman en 1954. Tanto o guionista como o director foron incluidos na lista dos "dez de Hollywood" polo Comité de Actividades Antiamericanas. Foron tachados de comunistas e Hollywood doulles as costas. Emigraron a Europa. Hoxe en día a pelicula está incluida na lista da Biblioteca do Congreso polo seu "valor cultural e histórico" e a cinta está preservada no Museo de Arte Moderno da cidade de Nova Iorque.

Por suposto, con entrada de balde.