Todo listo para un musical XIV Mercado Medieval Costa da Morte

Un ano máis, e x van 14, o Mercado Medieval Costa da Morte, está en marcha. Unha festa que, por auténtica, xa se convertiu nunha das citas do verán costeiro, e precisamente a reivindicación do seu carácter comarcal foi destacado pola Asociación Organizadora del Mercado Medieval Costa da Morte durante a presentación do cartel deste 2014.

”O feito de ver chegar xa engalanados dende as súas vilas as xentes de Carnota, Fisterra, Dumbría, Muxía… demostra que este Mercado é da Costa da Morte”, apuntou o presidente da asociación, José R. Piñeiro. “Nós apostamos por este Mercado, porque aínda é auténtico gracias á implicación e participación do pobo corcubionés”, resaltou o responsable da empresa organizadora, Geminis.

Este ano chega máis musical e teatreiro que nunca. Así, haberá 4 grupos de música medieval, que farán concertos e pasarrúas, tendo como novidade o grupo Al-Folk, coa súa música e danzas Arábigo-Andaluzas. Teremos tamén numerosas actuacións e os postos, máis ou menos, de sempre, que trasladará a vila, sempre coa participacion veciñal como alicerce fundamental, séculos atrás durante os venres 18, sábado 19 e domingo 20 de xullo.

O que non teremos será Desembarco. “Teno que pedir o pobo”, resaltou Piñeiro, invitando aos veciños a que llo pidan á organización para o ano que vén. Teremos desfile, como o ano pasado.
Como novidade, a cetrería trasladarase, seguramente, á praza do Concello, pois na praza d Igrexa farase un espectáculo de malabares, trapecios e lume espectacular.

Para quentar motores, será o noso colaborador Víctor Castiñeira o que falará da Baixa Idade Media na Costa da Morte nunha conferencia que dará o 12 de xullo ás 20:00h na Capela do Pilar.

Falaron tamén Lalo Insua, que excusou a falta do alcade, agradecendo aos colaboradores, entre eles Mahou, Deputación e Ferroatlántica. E en nome da Deputación fíxoo a alcaldesa de Cee, que fixo seu tamén o Mercado ao ser un “evento comarcal que xa e unha referencia”.

Houbo tempo para presentar a nova web.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).