Trasladado ao HVDX un traballador que caeu dun elevador en Corcubión

Esta mañá, un home sufría unha perigosa caída mentres traballaba nun elevador no Concello de Corcubión. O chan sobre o que repousaba o elevador cedeu, provocando o desprendemento do guindestre e a caída do operario.

Ao lugar achegáronse os Bombeiros de Cee que tiveron que rescatar ao traballador, e que foi trasladado en helicóptero ao Hospital Virxe da Xunqueira. O operario ía consciente pero ingresou para facérenlle probas por precaución.

O Helicoptero do 061 no HVDX-Foto-Nodar