Unha Boca de Sapo para que Corcubión se declare “Libre de Eucaliptos”

Directiva da Asociación Boca de Sapo no lugar que dá nome á entidade

A recente vaga de lumes non deixou consecuencias graves nos nosos montes. Desta volta. Pero si que deixou unha forte reflexión entre a veciñanza da Costa da Morte, consciente de que para a seguinte, seguro que nos toca.

Por Corcubión veñen de formar a Asociación Boca de Sapo (Comunidade Eco-Social e Cultural), que comeza a súa andaina presentando unha moción ao abeiro do "Regulamento de Participación Cidadá”, aprobada en 2015.

A moción pide declarar Corcubión "Concello libre de Eucaliptos”.

Esta moción, que se debaterá neste pleno de novembro, “non é mais que un primeiro paso para tratar de concienciar a poboación dos perigos da proliferación de eucaliptos, planificados, incontrolados ou ventureiros que supoñen un golpe mortal á biodiversidade”.

Así, están facendo unha rolda de contactos cos distintos grupos municipais e así “poder facer accións conxuntas para recuperación de terreos públicos e diferentes actividades destinadas a tratar de paliar, na medida das nosas posibilidades, esta situación”.

Os propósitos de Boca de Sapo

A Asociación Boca de Sapo (o nome sae dunha zona costeira preto ao Cabo, onde hai unha pequena fonte embaixo do que case foi o camping) “ten vocación aberta e de creación de comunidade. Formouse para tratar calquer tema que se poida presentar na defensa do noso territorio, do noso patrimonio material e inmaterial e/ou calquer manifestación cultural e social que poida xurdir nestes tempos convulsos”.

A directiva está formada por:

 

Artigos sobre os incendios

Novas relacionadas

Novas sobre os incendios

Vídeos naturais de Francisco Santiago López

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).