Uxía e Viki Rivadulla traen a súa homenaxe a Begoña Caamaño a Corcubión e Zas

Viki Rivadulla e Uxía unen arte e música en "Indómitas"

Esta fin de semana continúa a xira de Uxía, unha das grandes voces da música galega, co seu concerto íntimo e emotivo dedicado a Begoña Caamaño, homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026. “Indómitas”, o libro-disco ilustrado por Viki Rivadulla chegará esta semana pola comarca despois da súa potente presentación en Vigo.

Este venres 29 de maio, ás 20:00h, Uxía estará na Casa da Cultura de Corcubión.

Pero ademais, o domingo, ás 19:00, repetirá o seu poderoso e emotivo concerto nas Torres do Allo. En ambos casos, con entrada libre.