Vitaminas para o baile tradicional

Trinta persoas participan no curso de verán de baile tradicional organizado pola Universidade Popular de Corcubión Máis de 30 persoas participan no curso de verán de baile tradicional organizado pola Universidade Popular de Corcubión e que imparte Edelmiro Regueira. Os alumnos e alumnas son de distintos puntos da Costa da Morte, como Corcubión, Cee, Fisterra o Dumbría. O obxectivo desta actividade cultural-deportiva é potenciar a cultura popular e tradición das foliadas ou fiadas, nas que os bailadores e as bailadoras eran parte fundamental. O curso desenvolvese nos meses de xullo e agosto e remata coa cunha cea-foliada onde o alumnado poñerá en práctica os coñecementos adquiridos. Os interesados en participar ainda están a tempo de anortarse poñéndose en contacto coa Universidade Popular de Corcubión a través da súa páxina de Facebook ou no número de teléfono 652628538 (despois das 18 horas).

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Universidade Popular Corcubión