Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Unha lectura continuada de escritores galegos para o Mes das Letras en Corcubión

Unha lectura continuada de escritores galegos para o Mes das Letras en Corcubión
Letras Galegas Corcubion 2015

Este sábado 2 de maio ás 20:45h coa obra "Demolición" de Talía Teatro inicia Corcubión unha pequena serie de actividades na Casa da Cultura co gallo da celebración do día das Letras Galegas. Un programa que continúa o xoves 14 de maio ás 15:00h ca obra do Teatro Calavera, co Cociñeiro Antón e a Pasteleira Tomasa, unha cita pensada para os cativos. Ademais, o sábado 16 toca nova cita para os máis pequenos con Chrystyan Magic, unha mestura de contos e maxia pensando sempre en animar á lectura.

Pero a gran cita deste mes das letras corcubionés darase o venres 15 de maio na Casa da Cultura, cunha lectura continuada de escritores galegos, á que esperan que se apunte toda a vila. De feito xa son moitos os apuntados para esta cita en colaboración co Centro Sociocomunitario, no que se van ler textos de autores recoñecidos nesta data tan simbólica para a cultura galega. Cómpre inscribirse na Biblioteca ou en 981746190.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios