Volve o Ronsel para guiar ás Radio Roncudo e radiONeria

Fran Lago con Oscar Rey no estudio da Radio Neria

Un dos mellores programas de radio de actualidade que se fan na Costa da Morte volve ás ondas. O Ronsel está dirixido e presentado por Óscar Rey Calo. A cabalo entre Corme e Fisterra-Corcubión, Óscar volve tras dous anos de parón por motivos persoais. E volve coa intención de dinamizar as radios irmandadas da Costa da Morte, a radiONeria na Radio Roncudo.

O programa serán 60 minutos de áxil información, con entrevistas e cunha serie de colaboradores da emisora que traerán os temas máis afiados da semana. Estarán Óscar de Souto, Fran Lago con entrevistas, Ubaldo Cerqueiro cunrepaso á semana de QPC, e contando co alumnado do IES Maximino Romero de Lema, onde é mestre Óscar, que pasarán pezas como esta que fixeron para a folga feminista.

Como escoitar o Ronsel

O programa emitirase en directo os venres ás 17:00h e os sábado ás 12:00h.

E podedes escoitar o programa a través das emisoras radiONeria (107,8FM nas terras de Fisterra), e Radio Roncudo (106.1FM nas terras de Bergantiños), ou pola rede na plataforma Tunein e nas webs de ambas emisoras:

Ademais, subirán o podcast (de Ivoox de Radio Roncudo) ás redes sociais de ambas emisoras, facendo patente a aposta polo software libre.

Novas relacionadas