O xadrez saíu á rúa en Corcubión polas Mercedes

Un Xadrez xigante no Campo do Rollo

O pasado sábado, coincidindo coas Festas das Mercedes de Corcubión, o Club de xadrez Cabo Touriñán organizou unha serie de actividades vinculadas con este deporte, abertas a todo o mundo.

Adult@s e moz@s animáronse nas mesas preparadas no Campo do Rollo, e mesmo houbo varios peregrinos que se animaron a xogar no xadrez xigante.

O evento foi un éxito e de seguro que habera máis xadrez nas rúas da vila de San Marcos en vindeiras datas.

Máis novas de xadrez