“As Xaviñanas” de Corcubión soben ao podio do certame tradicional de Xacarandaina
31 de maio de 2022 (10:38 h.)
Este pasado domingo, celebrábase no Centro Ágora, na Coruña, o “XXXI Concurso de Música Tradicional”, organizado polo mítico grupo Xacarandaina. E non faltou a presenza costeira. As Xaviñanas, o grupo de novas Pandereteiras da Universidade Popular de Corcubión, levou nada menos que o 3º premio na categoría de grupos A categoria na que participaron é de nenas de 10 a 14 anos.
Eran 16 os grupos que competían nesa categoría, e as Loaira, Lena, Uxía e Candela, co tema “Pandeiretada de Xende” (Rodís-Cerceda) subiron ao podio, para deleite de toda a parroquia corcubionesa, e do seu mestre, Edelmiro Regueira Castañón.
Así tocaron as bravas corcubionesas.