Asaltan cunha escopeta a empresa Maracaná, en Coristanco

A empresa Maracaná está especializada nos contenedores

Esta pasada tarde de de venres, tres persoas entraron na empresa coristanquesa Maracaná, e intimidaron cunha arma corta e unha escopeta á empregada da limpeza.

Segundo sinala a Garda Civil despois se deron á fuga, pero carecen de máis datos sobre se houbo algún tipo de roubo ou foi unha visita en clave de ameaza.

O Equipo Territorial de Policía Judicial de Carballo fíxose cargo da investigación.