O completo programa de formación continua e aberta para este semestre no EFA Fonteboa
Tremenda a cantidade de formacións diversas que abrangue o Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa de Coristanco. Achegamos o programa de Actividades de Formación continua para este trimestre, que están abertas á cidadanía e a profesionais. Hai sobre normativas ambientais, motoserrra, benestar animal, sobre certificacións, sobre emprendemento, sobre muxido, sobre cogomelos…
Pero tamén damos conta de outras iniciativas, mesmo de caracter internacional. Por exemplo, a próxima semana un grupo de cooperativistas profesionais da gandería de Irlanda visitarán, acompañados por persoal da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA), a cooperativa AIRA e o Centro coristanqués. O obxectivo é dar a coñecer o xeito de traballar das cooperativas agroalimentarias galegas e o intercambio de experiencias entre a mocidade gandeira de Galicia e Irlanda.