Coristanco, exemplo de Fermosismo e Coidado da Paisaxe

O alcalde de Coristanci, Juan García, coa delegada da Xunta Belén Docampo

Parece medio de broma, pero a delegada da Xunta, Belén do Campo, vén de poñer ao Concello de Coristanco como exemplo de Fermosismo e Protección da Paisaxe. Fíxoo destacando dúas axudas de 26.000€ do Instituto de Estudos do Territorio de Galicia para realizar actuacións de corrección de impactos paisaxísticos.

Concretamente Coristanco recibiu unha axuda da liña para outras construccións ou instalacións de titularidade municipal destinadas a outros equipamentos de servizos públicos, para unha intervención encamiñada a mellorar a integración paisaxística do centro social Rececinde e do Muro da Rocheira, solventando aqueles impactos visuais que están a xerar na contorna próxima. Para elo, partiuse como premisa principal a idea de dotar a estes espacios dunhas solucións acordes ao seu entorno.

Deste modo levouse a cabo no centro social a colocación de tella cerámica curva sobre os ferros de fibrocemento existentes, previa limpeza; liquidando problemas de infiltracións e mellorando a adaptación do edificio na contorna no que se atopa e no Muro na Rocheira a limpeza do muro de peche de bloque así como o seu posterior pintado, mellorando o impacto visual e paisaxístico.

No Centro Social de Recesinde

Na comarca

A Xunta de Galicia aprobou, este ano, a concesión de 55 axudas a concellos para o desenvolvemento de 67 actuacións de corrección de impactos paisaxísticos, por un importe de 1 millón de euros. Na provincia da Coruña da Coruña recibiron estas achegas 13 concellos para 16 intervencións por un importe de máis de 270.000 euros e na comarca de Bergantiños 4 municipios (Coristanco, Corcubión, Muxía e Dumbría) para 5 actuacións que permitiron seguir estendendo o fermosismo pola comarca.