Cursos, obradoiros e teatro que invanden Santa Comba

Semanas de vertixe no Concello de Santa Comba. Numerosas actividades están a ter lugar estas semanas, e dende a OMIX, e o Departamento de Cultura e de Servizos Socias do concello xalleiro nos envían todas estas propostas formativas e de ocio.

Hoxe, sen ir máis lonxe, toca Taller de Ideas de Inicia Xove. Pero temos moito máis en cernes.

Obradoiros formativos

Hoxe mesmo, venres 4 de abril, arrincan os Obradoiros formativos do servizo de Formación e Emprego do Concello xalleiro, que estarán funcionando durante os venres, de 9:30h a 14:30h, do 3º Trimestre. Hoxe toca como prepararse unha entrevis de traballo, pero o día 11 haberá sesión sobre como obter unha capacitación profesional a través do recoñecemento da experiencia profesional, e o 25 sobre cualificacións.

Para maio haberá 4 obradoiros, sobre búsqueda de emprego en portaies e páxinas de emprego, en redes socias; e sobre como elaborar un cv. Ademais, no mes de xuño repetiranse varios dos obradoiros.

Curso de Novas Oportunidades Turísticas

Este sábado 5 de abril será un sábado completo no Centro de Cultura xalleiro. Estará en marcha o Curso Novas Oportunidades Turísticas como alterntiva ao Desenvolvemento Rural. Durará de 10:00h a 20:00h.

Teatro da casa en Santa Comba

Este venres 11 de abril, a Asociación de Mulleres Rurais de Santa Sabiña protagonizarán a súa obra de teatro “Cenizas ou café”. A cita, ás 23:00h no Salón de Actos da Cooperativa Xallas.

Ler conta moito

A Bilioteca Pública convírtese en Animada, artellando varios obradoiros de stop-motion, e con varias proxeccións de películas e lecturas de libros, da man de gargallando.wordpress.com. As sesións, 22, 23 e 24 de abril de 18:00h a 20:00h.

Curso de Xestión de Ludoteca

Segue aberto o prazo para apuntarse ao Curso de Xestión e Organización de Ludoteca, de 50h semipresenciais, para desenvolver neste mes de abril. Xa se poden apuntar por 90€ (75€ os veciños de Santa Comba) na OMIX, no 981 818 710 ou en etl@recursosgalicia.es.

Curso de Monitor de Comedor Escolar

Pola súa parte, o Curso de Monitor de Comedor Escolar será no mes de xuño, con 6 horas semipresenciais e 100€.

Máis información

Cómpre estar atentos ao Facebook de Omic Santa Comba, ou tamén poden chamar ao 981 818 710 ou enviar un correo a etl@cursosgalicia.es.

Fonte