De entroido e museos por Santa Comba

Menuda festa a do domingo no Recinto Feiral de Santa Comba. Pequenos e maiores disfrazáronse para participar no concurso de disfraces, que tiña moitos regalos tecnolóxicos!

O ambientazo foi de primeira e xa podedes ver unha completa galería na OMIC.

Visita de museo

Ademais, interesante foi a visita do grupo de lectura fácil da Biblioteca Pública Municipal do concello de Santa Comba á Casa Museo de Emilia Pardo Bazán a Coruña. Nesta visita puideron coñecer a vivenda, o gabinete de traballo e afondar en moitos aspectos da vida e da obra de Pardo Bazán.. Foi nunha actividade complementaria ás xornadas de lectura que veñen desenvolvendo relacionadas con obras da autora coruñesa.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Santa Comba.