Dous feridos nun choque frontolateral na Pereira

Esta mañá tiña lugar un novo accidente nas estradas da bisbarra. Concretamente sobre as 7:30h deste luns 10 de outubro, na estrada Muxía-Santiago, a altura da Pereira, concello de Santa Comba, entre esta vila e Fontecada, nun pequeno cambio de rasante. Dous coches, un Seat Exeo familiar e un Citroën C4 sufrían un serio choque frontolateral. O accidente saldouse con dous feridos, un veciño de Brandomil (Zas) e outro de Cacheiras (Teo), que foron trasladados a Centro Hospitalario.

Accidentes 2016

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).