A EFA Fonteboa volve lanzar o aberto Programa Integral de Formación Apícola
22 de outubro de 2025 (07:45 h.)
Anuncia xa o Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa o novo PIFE. O Programa Integral de Formación Apícola é unha oportunidade interesantísima para formartes na materia, ao que se pode acceder buscando información no 981 73 30 51 ou en cicapis@fonteboa.es
Serán varios meses de formación durante as tardes dos martes, cunha completa análise formativa para todos os ciclos do coidado da colmea.