Emprendemento, arte, pleno e lobos para unha semana completa en Santa Comba

Non para Santa Comba, e menos esta semana, chea de iniciativas diferentes. A máis salientable é sen dúbida esas impresionantes Xornadas Nacionais do Lobo, pero que terá ademais na Feira Primaverarte o seu completemento ideal.

Pleno

Este xoves 17 de marzo, ás 20:30h, pleno ordinario do Concello de Santa Comba no Edificio Multiusos.

Laboratorio emprendedor

O venres 18, chega a Iniciativa Xove 16, un programa de xuventude destinado a subvencionar proxectos ideados por xóvenes de 18 a 30 anos, destinados a promover actividades, formativa, de ocio, culturais, etc, entre a xuventude e a sociedade en xeral. A financiación pode chegar os 5.000 euros por proxecto.

Así que se tes algunha idea, pásate este venres 18 de marzo ás 20:30h polo Edificio Multiusos. Xa podes inscribirte na OMIX ou no 981 818 710.

Primaverarte

De venres 18 a domingo 20, o Recinto Feiral acollerá unha completa mostra de todo. Artesanía, moblería, hostalería, textil, gastronomía, agricultura, ocio infantil, pulpeira, maquinaria agrícola, automoción… organizada pola Asociación de Artesáns AAOTA.

Xornadas do Lobo

Xa coñecedes o programa completo das Xornadas Nacionais do Lobo que terán lugar este venres 18 e sábado 19 de marzo, e que mesmo terán unha ruta BTT nocturna.

 

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).