José Manuel Pérez Abelenda abandeira “un cambio progresista” para Coristanco

Abelenda estivo acompañado por Pilar Cancela, secretaria de Estado de Cooperación Internacional no Ministerio de Asuntos Exteriores, e Bernardo Fernández, secretario xeral provincial do PSOE.

O socialista José Manuel Pérez Abelenda presentou esta fin de seana oficialmente a súa candidatura á alcaldía de Coristanco, convencido de que “o cambio no noso concello só será posible cun goberno socialista e progresista”.

Abelenda sinalou que o paso principal será escoitar á veciñanza, cun proxecto “realista e executable”. O candidato socialista explicou que elaborará “unha lista de progreso”, na que se integren novos perfís e compañeiros que formaron parte da candidatura nas eleccións de 2019.

Máis novas das Eleccións