Juan Manuel Pose Arijón doou unha maqueta da casa consistorial ao Concello de Coristanco

Dende o pasado domingo 24 de outubro, xa está exposta a maqueta da Casa do Concello de Coristanco doada por Juan Manuel Pose Arijón. O artista participou na inauguración da mesma nunha pequena cerimonia no Edificio de Servizos Múltiples do concello, na que os familiares e amigos estiveron apoiando ao autor.

Juan Manuel Pose adiantou a seguinte obra que tiña desexo de realizar: o Refuxio de Verdes.