Un Nadal lambón para as criaturas de Coristanco

Obradoiros de repostería

Os Obradoiros de Nadal da Biblioteca de Coristanco continuan facilitando á conciliación das familias, ademais de aprenderlle aos máis pequenos cousas curiosas, como a realización de apetitosas galletas con decoración estival coas que descrubrion a uns artistas na arte da repostaría que puxeron todo o seu empeño nesta labor.

Hoxe serán outros seis grupos de nenos os participen no Obradoiro de Madalenas. Distribuídos en grupos de 6 participantes por obradoiro e coas restricións e adecuacións ás medidas sanitarias vixentes; os máis pequenos gozarán dunha xornada chea de sabor e cor. Para peche destas actividades e dinámicas de Nadal, o vindeiro 4 de xaneiro teremos a oportunidade de acoller no Edificio de Servizos Múltiples a obra "O nadal na fraga" na que, en plena natureza, unha parella de irmáns visten de Nadal unha árbore do monte. Esquios, raposos, azores e demais animais virán a axudarlles.