Nova xornada formativa para emprendedor@s de produción agrícola

Dende o cultivo ata a comercialización, pasando polos requisitos burcroáticos ou a entrada nos mercados. O Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa trae unha nova proposta de formación en horticultura organizada por varios Grupos de Desenvolvemento Rural e na que estamos a participar, no marco do proxecto Paisaxes Intelixentes.

As sesión de formación serán no Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa durante dúas xornadas no mes de xuño e dúas en setembro.

Trñatase dunha formación de interese e de utilidade para persoas iniciadas ou con idea de iniciarse na horticultura. É necesario inscribirse ben no email ou nos teléfonos que se indican.