O colexio de enxeñeiros industriais inicia colaboracións co concello de Santa Comba

Fernando Blanco e Jose Antonio Ucha mantiveron unha reunión na que estreitaron lazos A reunión mantida o pasado martes entre o delegado do colexio de enxeñeiros industriais de Galicia -ICOIIG-, Fernando Blanco, e o alcalde de Santa Comba, José Antonio Ucha, as dúas institucións estreitaron lazos abríndose así a posibles colaboracións. Blanco presentoulle ao alcalde xallense o colexio e púxose á disposición do goberno local para resolver calquera tipo de consulta sobre instalacións, estructuras e calquera outro ámbito da enxeñería industrial. Neste senso, Fernando Blanco informou a José Antonio Ucha da existencias dun convenio de colaboración entre o ICOIIG e a FEGAMP que permiete que enxeñeiros industrais en situación de desemprego realicen práctica no laborales en concellos como o de Santa Comba. Unhas prácticas de entre 3 e 6 meses que "permitirán dotar a Santa Comba duns especialistas como os enxeñeiros industriais que poderán aportar os seus amplos coñecementos para contribuir ao desenvolvemento do municipio e avanzar na eficacia da xestión do concello". O delegado do ICOIIG aproveitou a reunión para invitar ao alcalde de Santa Comba a participar nas V Xornadas de Enxeñería, Enerxía e Industria "Eficiencia enerxética e innovación" que terá lugar o vindeiro 28 de xaneiro no hotal Peregrino de Santiago de Compostela. Ucha Velo mostrou o seu interese polo evento no que prestixiosos profesionais debatirán sobre a innovación no sector enerxético e confirmou tanto a súa presenza como a dos técnicos municipais na xornada. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
  • ICOIIG