O teniente alcalde de Santa Comba tamén presenta a súa dimisión

Despois da dimisión do alcalde de Santa Comba, ao que lle toca pasarse polo Xulgado por un posible delito contra a seguridade vial despois de dar positivo por alcolemia, chega a segunda dimisión no concello xalleiro.

O segundo teniente de alcalde, Jacobo Amarelle, tras 7 anos como concelleiro do PP, presentaba onte a súa dimisión, tras asistir ao pleno. Amarelle, avogado de profesión, aseguraba nas redes sociais que xa tiña a decisión tomada dende fai tempo, e que estes últimos anos se mantivo no concello porque llo pedira o alcalde.

Amarelle agradeceu o apoio dos veciños e da familia nestes anos, valorou a dificultade do mundo da política local, e aproveitou a despedida para deixar patente a necesidade de que a Xunta cumpra coas súas promesas no tocante á estrada de Santiago, clave para o devir da zona.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).