O PSOE de Coristanco reclama a eliminación do antigo depósito de auga no Outeiro-Agualada
"Tal e como lle prometeu o alcalde á veciñanza", sinalan, o PSdeG-PSOE de Coristanco solicita a eliminación do antigo depósito de auga no Outeiro, na parroquia de Agualada.
Así o sinalou o voceiro socialista local José Manuel Pérez Abelenda, que esixiu ao Goberno municipal que cumpra co seu compromiso de destruír o depósito. Afirma que se trata dunha acción “fundamental para garantir a seguridade e o benestar das persoas do lugar”.
O depósito, que quedou obsoleto tras a posta en marcha do abastecemento municipal na zona e ademáis foi obxeto de numerosas queixas por parte da veciñanza que foron trasladadas ao grupo socialista, representa para estes un risco tanto para a saúde pública como para o medio ambiente. “Dende o grupo municipal Socialista consideramos que a falta de acción por parte do Goberno, e especialmente do alcalde, non só é unha falta de respeto cara a veciñanza, senón que tamén pon en perigo a súa calidade de vida”, lamenta Pérez Abelenda.
“É inaceptable que o alcalde prometera a eliminación deste depósito e, ata a data, non tomara as accións oportunas para levar a cabo o acordado”, critica o voceiro socialista. “A veciñanza merece un entorno seguro e saudable, e o Goberno ten a responsabilidade de actuar en consecuencia”, engade.
O socialista lembra que a eliminación do antiguo depósito da auga “non só é unha cuestión de cumplimento de promesas, senón tamén unha necesidade urxente para evitar problemas de saúde e contaminación”. “Ademais, melloraríase amplamente a mobilidade na zona do Outeiro”, apunta. “Non podemos permitir que a inacción do Goberno local poña en risco aos nosos veciños e veciñas, polo que esiximos que se tomen medidas inmediatas e que se informe a veciñanza do estado da situación”, subliña.
“A seguridade da nosa veciñanza non pode esperar, e por iso presentaremos un rogo para o vindeiro pleno neste sentido”, anunciou Pérez Abelenda. “Dende o PSOE facemos unha chamada a que o alcalde cumpra coa súa palabra e actúe en beneficio da xente do Outeiro”, finaliza.