A rapazada de Coristanco consegue "escapa" da Biblioteca

Antía Yáñez dirixiou o Scape Room na Biblioteca Coristanco
Juan Manuel Pose Arijón doou unha maqueta da casa consistorial

Celebrouse este domingo 24 de outubro, o Día das Bibliotecas na activa Biblioteca de Coristanco. Unha vintena de rapaces e rapazas disfrutaron dunha mañá completísima, que arrincaba cun singular Scape Room na Biblioteca, da man da escritora Antía Yáñez.

Despois de conseguir escapar da sala, os rapaces acodiron ao Salón de Actos do Edificio de Servizos Múltiples para disfrutar do espectáculo de títeres “Menú de Refectorio”, a través do Falaredes.

O punto final tivo como protagonista a Juan Manuel Pose Arijón. O veciño doou esta maqueta da Casa Consistorial para que luza.