Santa Comba abre novos cursos de formación relacionados ca construción
05 de maio de 2015 (08:15 h.)
O concello de Santa Comba organiza varios cursos de formación. O prazo estará aberto durante todo este mes de maio. Tan pronto haxa un grupo mínimo de xente interesada establecerase a data de inicio das citadas modalidades formativas.
A oferta está composta polos seguintes cursos:
- Condutor/a carretilla elevadora- Semipresencial. Duración: 20 horas.
- Manexo de plataforma elevadora- Presencial- Duración:10 horas.
- Sector construción. Prevención de riscos laborais. Semipresencial. Duración: 60 horas.
- Sector construción. Movemento de terras. Presencial. 20 horas.
Ademais desde a Oficina de Formación xalleira tamén se está coordinando un curso sobre etiquetado de alimentos na hostalaría.
Para inscribirse ou obter máis información sobre os distintos cursos os interesad@s poden dirixirse a Oficina de Formación e Emprego do concello de Santa Comba. Edificio Multiusos ou ben chamando ao 663728782 ou 981818710.
Fonte
- Empresarios de Santa Comba.