Santa Comba acolle un curso de Monitor de Tempo Libre

Outra posibilidade de sacar o Curso de Monitor de Tempo de Libre para a mocidade da zona, e así ter a ocasión de empregar o verán seguinte en sacar uns cartos formando e coidando aos máis pequenos en campamentos.

O Curso de Monitor de Tempo Libre será en Santa Comba, durante o mes de agosto, do 1 ao 29, de luns a venres de 9:00h a 14:00h e de 15:30h a 20:30h. Custa 250€ e é de 350 horas. Inclúe o Curso de Manipulador de Alimentos con prácticas.

Xa te podes inscribir na OMIX de Santa Comba (981 81 87 10) ou en ETL Recursos, en etl@recursosgalicia.es.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Santa Comba.