Santa Comba acolle un interesante curso para previr a depresión

Definida como un trastorno mental, a depresión afecta a mais de 350 millóns de persoas no mundo (máis dun 12% da poboación adulta), e defínese como diferenza das variacións habituais do estado de ánimo ou “as respostas emocionais breves os problemas da vida cotiá.a/p>

A Organización Mundial da Saúde (OMS) manifesta que “non tratar as depresións é algo grave que pode levar a situacións extremas”. A mesma organización afirma que hai un millón de suicidios anuais produto da depresión, e que a depresión, pode considerarse a “epidemia de século XXI”. Manifesta ademais que esta doenza e a principal causa de discapacidade en todo o mundo.
Os datos sinalan ademais que cada episodio depresivo incrementa a probabilidade de un recaída posterior. Aproximadamente o 60% dos doentes que sufriron un episodio depresivo presentan ó menos unha recorrencia o longo da súa vida.

Por todas estas cousas, e porque en Galicia tamén nos toca de preto, é importantísimo achegar a realidade á veciñanza. E o Concello de Santa Comba, dende logo, non é inmune a esta doenza. E aínda que non posuamos datos estatísticos concretos deste trastorno dentro da nosa poboación, observando as cifras anteriormente mencionadas, parece lóxica a necesidade de levar a cabo un programa de “prevención da depresión”, por tanto; dende a concellería de Servizos Sociais, Sanidade,Muller, Igualdade e Atención Cidadá dirixida por Dona Estefania Calvelo Muniz poñen en marcha o curso de Prevención á Depresión.

O obxectivo principal do curso é dotar ás persoas da comunidade de técnicas básicas e sinxelas que lle permitan abordar , limitar ou extinguir a sintomatoloxía depresiva ou previr a aparición da mesma. Intentamos que as persoas aprendan algo da súa propia experiencia psicoterapéutica, é dicir , esperamos que os participantes manexen e dispoñan de recursos necesarios para enfrontarse ós síntomas depresivos, que logren eliminar depresións incipientes e previr as futuras.

Debido, e como consecuencia da metodoloxía que require o curso, as prazas serán a limitadas a un máximo de 20 persoas. As persoas que desexen participar no mesmo deben inscribirse no departamento de servizos sociais, na área de atención psicolóxica.

O curso comezará o xoves 25 de febreiro en horario de 10:00 a 11:30 horas. Mais información nos teléfonos: 981 104 309 /663 729 490.

Fonte

  • Concello de Santa Comba.