Santa Comba artella un novo curso de Monitor de tempo libre durante as fins de semana

Son cursos longos, de 2 meses de duración, pero que permiten facer de monitor durante os campamentos de verán. Un clásico para eses estudantes que durante o ano afondan nos libros da universidade ou do FP e que no verán queren gañar uns cartiños ao aire libre sen necesidade de acodir á esixente hostalería.

Unha boa ocasión para sacar a titulación tela en Santa Comba, do 7 de outubro ao 10 de decembro, con sesións intensivas de fin de semana. As prácticas están garantizadas no Centro de Turismo Activo Naturmaz e xa poden inscribirse no 697 815 654 ou no 610 550 524.

Pleno

Ademais, o venres 22 toca novo pleno, seguramente ácedo, en Santa Comba.

Fonte

  • Concello de Santa Comba.