Santa Comba promociona o seu concello a través dun concurso de fotografía

O concello de Santa Comba pretende os valores patrimoniais e naturais, así como as súas xentes a través do I concurso de Fotografía "Enfocando Santa Comba". A fotografía participante deberá estar localizada en calquera punto do concello xalleiro. Dentro do concurso haberá dúas categorías; "Fotografía" (categoría A) e "Reportaxe" (categoría B). No concurso fotográfico poden participar todas aquelas persoas que así o desexen. No caso de ser menores de 16 anos deben ter a autorización dos seus pais ou titores. Cada participante poderá enviar para a categoría A un máximo de tres fotografías (en branco en negro, en cor e en formato JPG) e para a categoría B poderá mandar un máximo de dúas reportaxe. Dentro da categoría A (fotografía) repartiranse tres premios: de 100€, 75€ e 50€ e cadanseu diploma e os da categoría B (Reportaxe) optarán a un premio de 200€ e un diploma. Os traballos deberán enviarse ao enderezo electrónico enfocandosantacomba@gmail.com ou entregando no departamento de cultural do concello de Santa Comba un dispositivo de almacenamento coas fotografías. O prazo de presentación dos traballos remata o 20 de maio de 2016. O concello de Santa Comba creará unha exposición con todas as obras premiada e presentadas no I concurso de Fotografía "Enfocando Santa Comba". Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Santa Comba