O comercio de Santa Comba volve a unirse para celebrar a Feira da Primavera que terá lugar os días 24, 25 e 26 de marzo no recinto feiral da vila.
Durante as tres xornadas daranse aquí cita postos de artesanía, moblerías, hostalería, téxtil, gastronomía, agricultura, automoción, maquinaria agrícola e ocio infantil.
O evento está organizado pola asociación CostaVales en colaboración co concello de Santa Comba.
Fonte