Cafetería Rafael, restaurante Tío Paco e cafetería Tallada foron os premiados na VI ruta de tapas de Santa Comba
Despois das pertienentes degustacións, a agrupación de empresarios tivo que dar a coñecer os premios co concurso de Tortilla que se puso en marcha este ano no marco da VI ruta de tapas que tivo lugar todos os fins de semana entre o 6 e o 22 de maio. O premio para a mellor tortilla xalleira foi para a que ofrecer a cafetería Rafael.
En canto á ruta de tapas, resultaron gañadores en primeiro lugar a cafetería Rafael coa tapa "Espaguetti de calabacín con albóndiga e salsa de queixo", no segundo lugar o restaurante Tío Paco polas súas "Fabas con ameixas" e, en terceiro lugar, a cafetería Tallada pola tapa "burrito de zorza con Arzúa Ulloa".
Participantes
En canto os premios aos tapeadores para os que completaron pasaporte na VI ruta de Tapas a afortunada foi Araceli Romero Domínguez, que gañou un pase para dúas persoas no talaso Termaria Casa da Auga da Coruña. Pola súa banda, Iria Muíño Mata foi a gañado dunha tablet e de 150 euros en combustible despois de completar o seu pasaporte do I concurso da Tortilla.
Novas relacionadas