Semanas de ioga e cursos de formación laboral en Santa Comba

Clase de Ioga en Santa Comba

Semanas de actividade por Santa Comba con dúas frontes moi diferentes. Por un lado, comezan os cursos de formación laboral, moi útiles para atopar traballo. Polo outro, destaca a afección ao Ioga que está a nacer na capital xalleira.

O Ioga aterra no Xallas

Este fin de semana celebrouse un novidoso e especial evento en Santa Comba. Unha Masterclass de Ioga Integral, que foi o punto de partida do segundo trimestre dunha actividade que está calando e moito na sociedade xalleira: o ioga.
A Masterclass de comezo de ano contou con moitos dos alumnos habituais das clases, pero ademais déuselle un formato máis amplo. Esta clase era diferente e máis completa que a habitual para permitir o perfeccionamento nesta disciplina e tamén a accesibilidade; xa que cada alumno/a podía levar un convidado, para que probase co ioga, co que no Salón de Actos da Vivenda Comunitaria xalleira, escenario habitual das clases, creosuse un ambiente moi agradable, familiar e festivo.

Durante esa mañá de convivencia, tocáronse as diferentes disciplinas do ioga como o “Hata Yoga” (ioga físico e a respiración), o Raja Yoga (ioga do coñecemento e a sabiduría), o “Jana Yoga” (meditación) e o Mantra Yoga (ioga da música).

Esta novidosa experiencia foi moi positiva a todos os niveis, tanto en participación como en satisfacción xeral, e contemplase a posibilidade de poder realizar estas Masterclass cada certo tempo como forma de perfeccionamento dos alumnos que habitualmente asisten ás clases e tamén para dar a o coñecer a actividade e que todo aquel que queira probar co ioga, o poida facer nun horario de fin de semana.

As clases do segundo trimestre do Curso de Ioga comezarán a partir do 22 de Xaneiro, tanto para adultos coma para nenos, os martes e xoves, con horarios matinais e de tarde. Durante o primeiro trimestre, a participación foi moi numerosa, superando os 60 alumnos/as, baixo a supervisión e docencia de Alexandra Fernández Rogers, mestra e Formadora en Ioga e Meditación Integral e Master en Ioga para nenos. Xa se poden reservar praza.

Curso de Manupulador de Alimentos

Os que necesiten sacar o carnet de manipulador de Alimentos Fitosanitario, homologado pola Xunta, xa poden inscribirse no curso que acolle Santa Comba, de 25 horas. Impartirase de luns a venres de 18:30 a 22:00h. Poden inscribirse no Edificio Multiusos, no 981 81 87 10 ou en www.recursosgalicia.es.

Curso de condutor/a de carretas elevadoras

Outro carnet moi demandado para optar a un emprego é o curso de Condutor de Carreta Elevadora. Xa podes inscribirte para o curso de 20 horas (10 presenciais), con clase teórica o venres de 16:00h a 20:00h e o sábado, práctica de 9:00 a 15:00h. Poden inscribirse no Edificio Multiusos, no 981 81 87 10 ou en www.recursosgalicia.es.

Fonte

  • Concello de Santa Comba.