Así quedou a furgoneta tralo accidente en Santa Comba
Malas novas nesta tarde de venres 22 de xaneiro en Santa Comba.
Os servizos sanitarios de urxencia atenderon esta tarde a unha muller que resultou ferida grave a causa dun accidente de tráfico na AC-400, ao paso pola localidade de Santa Comba. Pese a estar liberada, a ferida necesitou da axuda dos bombeiros do parque comarcal para abandonar o turismo, que colidiu contra un camión do lixo. As lesións provocadas polo choque eran de consideración, dixeron os bombeiros, polo que deberon extremar as precaucións durante o rescate e evacuación da ferida.
A colisión produciuse arredor das 13:30 horas de hoxe e foi o condutor do camión quen pediu axuda ao persoal do 112 Galicia. De seguido, os xestores do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia pediron a colaboración dos Bombeiros de Santa Comba, dos técnicos de Urxencias Médicas e dos axentes da Garda Civil de Tráfico. Tamén foi informado un equipo de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI).