Un persoa resulta ferida grave nunha colisión en Santa Comba

Unha persoa resultou ferida grave tras sufrir un accidente de tráfico na DP-2904 á altura do cruce de San Salvador de Pedreiro, na estrada que une Santa Comba con Carballo. O coche no que viaxa a vítima sufriu unha colisión contra outro vehículo e tivo que ser excarcerada polos bombeiros de Santa Comba. Despois de ser liberada, a persoa ferida foi evacuada nunha ambulancia a un centro hospitalario. O 112 Galicia tivo constancia da situación contra as 13:45 horas desta tarde, a través do aviso de Urxencias Médicas. Dende o Centro de Atención ás Emerxencias informouse aos Bombeiros de Santa Comba, a Protección Civil, á Policía Local e á Garda Civil de Tráfico.

Accidentes 2016

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Axega.