Unha persoa ferida en Santa Comba tras unha colisión entre tres vehículos

Unha persoa resultou ferida de consideración esta mañá ao colidir tres coches. O sinistro tivo lugar sobre as 08:30 horas no lugar de Faílde - en Santa Comba -, na estrada que une a capital xalleira con Santiago. Ata o lugar, desprazáronse axentes de Tráfico e de Protección Civil e foron os bombeiros de Santa Comba tamén foron informados do accidente.  

Accidentes 2016

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Axega