A veciñanza de Ferreira volve curar as verrugas no San Benito

O San Benito de Ferreira

Santa María de Ferreira é unha pequena parroquia coristanquesa, situada ao carón da saída 45 da Autopista Costa da Morte, a da Agualada. Un pequeno lugar cheo de vida, como o demostra a recuperación da Festa da Nosa Señora da Luz e as Festa do San Benito, gracias á implicación da veciñanza.

Así, a zona acollerá o vindeiro sábado 26 as Festas da Nosa Señora da Luz e o domingo 27 o San Benito.

Dende a UPA Coristanco e Anxeriz sinalan que haberá sesión vermú, e aceite de San Benito, para axudar a eses romeiros que acoden ao santo milagreiro para curar verrugas, tumores e feridas.