Xornada de limpeza ambiental na Lagoa de Alcaián

Este sábado 16 de setembro, o Grupo Hábitat, no marco do seu programa “Hábitat sen lixo”, organiza unha limpeza ambiental na lagoa de Alcaián. Unha cita para destacar os valores naturais da antiga lagoa coristanquesa, concretamente na Poza dos Parrulos.

A xornada empeza as 10:30 e Podes inscribirte neste formulario e preguntar dúbidas no inscricion@gnhabitat.org ou 981 135 014.