Os 11 establecimentos turísticos que recibiron as axudas de modernización da Xunta
Visitaba onte o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, o balneario de Carballo, un dos 11 establecementos de aloxamento turístico e de restauración que recibiron axudas para a mellora de infraestruturas e modernización dasa instalacións.
Axudas que permitiron realizar obras de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas nestes negocios; obras para a optimización das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial a Q de Calidade Turística; ou actuacións para incrementar a clasificación do establecemento e elevar a súa categoría. Tamén se inclúen iniciativas de climatización que favorezan a sustentabilidade introducindo medidas de aforro enerxético; a modernización das instalacións e do embelecemento do entorno; ou a renovación dos equipamentos mobles necesarios para o funcionamento dos establecementos.
Estes son os establecimentos:
| Establecimento | Concello | Subvención | |
| Balneario de Carballo | Carballo | 26.524,39 € | |
| Hotel de Naturaleza AV SL | Cee | 7.429,58 € | |
| Hotel Insua | Cee | 14.720,85 € | |
| Hotel Langosteira | Fisterra | 2.120,20 € | |
| Hotel Vida Finisterre Centro | Fisterra | 34.881,35 € | |
| Hotel Playa de Laxe | Laxe | 1.372,50 € | |
| A Torre de Laxe | Laxe | 4.661,25 € | |
| Casa Fontequeiroso | Muxía | 3.170 € | |
| Raxería Río Sil | Carballo | 34.921,00 | |
| O Fragón | Fisterra | 8.909,00 | |
| Restaurante A Lareira | Fisterra | 1.178,73 |