A borrasca Helena deixa xa ondas de 8 metros e refachos de 141 km/h na Costa da Morte
En terra, descarga eléctrica, vento e saraiba
https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/521343725019206/?t=0 Así descargaba esta mañá a súa furia Helena sobre o porto de Brens, nunha mañá na que xa houbo varias saraibadas en zonas como Muxía ou Laxe. En clave de vento, a estación de Lira rexistrou o refacho máis forte de toda Galicia, nada menos que 141km/h. Ademais, en Malpica sufriron velocidades de 122 km/h, como recollían dende 4gotas, avisando tamén que ata as 15:00h a cousa estará moi complicada. Tamén está chovendo, e moito, en lugares como Fisterra, onde xa recibiron 14 litros por metro cadrado. Segundo Meteogalicia hoxe manteranse estes ceos nublados que traeran chuvacos ao longo do día, e que se manterán durante a mañá do sábado. As temperaturas aínda baixarán durante o sábado e o domingo, sobre todo no interior, onde volverá haber importantes xeadas. A previsión indica que o domingo, tempo máis tranquilo, alternancia de nubes e claros, seguramente non choverá, con chuvias febles na madrigada do domingo.
Incidencias
Os Bombeiros de Cee xa tiveron que proceder á retirada dunha árbore caída no Lugar de Pións (Camariñas), arredor das 9:00h da mañá. O piñeiro cortaba unha pista e quedara apoiado nuns cables de corrente e teléfono. Tamén por Carnota o GES de Muros fixo unha acción semellante.
Máis novas
https://quepasanacosta.gal/mana-de-temporal-de-vento-e-chuvia-na-costa-da-morte/ https://quepasanacosta.gal/o-temporal-de-chuvia-deixa-numerosas-incidencias-na-comarca/