“A Costa da Morte non existe para os Orzamentos xerais do goberno central”
18 de xaneiro de 2019 (07:02 h.)
BNG: “A Costa da Morte non existe para o goberno central”
Dende o BNG son máis duros se cabe, e denuncian directamente que “A Costa da Morte non existe para o goberno central”. Sinalan que hai “0 euros en inversión para a nosa comarca”, lamentando que tanto o PP como o PSOE “esquezan sistemáticamente a Costa da Morte” a pesar de ter “instalacións dependentes de entidades estatais, nomeadamente as relacionadas coa Autoridade Portuaria e con Salvamento Marítimo do Ministerio de Fomento”. Poñen de exemplo a posibilidade de vertebrar unha estratexia para recuperar en poñer os Faros de Galicia e da Costa da Morte, como fan en Portugal. ”Están en decadencia, infrautilizados, e ben podían fortalecer a dinamización turística, patrimonial e económica da Costa da Morte”. Concretan no Faro Fisterra, que “precisa dunha importante inversión para activar o Plan do Cabo e poder volver ser declarado coma Patrimonio Cultural Europeo. Sen financiamento do Estado isto non é posible. A recuperación da Vaca do Faro Fisterra está pendente de resposta dende fai anos por parte da Autoridade Portuaria e o Ministerio de Fomento. Do mesmo modo, que está sen culminar a cesión da estrada que sube ao Faro de Fisterra previa o seu arranxo”. Valoran tamén que “Faros coma os de Lariño, cabo Cee, Touriñán, Camariñas, precisan de proxectos e inversión estatal para dotalos coma lugares estratéxicos para a promoción da zona”. Sobre o Parador de Muxía, que en teoría estará rematado este 2019, consideran que “sen vir acompañado de estratexias deste tipo está abocado ao fracaso”. E como non, lembran tamén a “vergoñenta situación de que no se destine nin un só euro para o heliporto de salvamento marítimo de Ruibo, que tendo que estar operativo está en estado de abandono, ante o Corredor de mercancías máis importante case que do mnundo.Novas relacionadas
- Novembro 18: Novos retrasos, e xa van 5 anos, para a posta en marcha do Parador de Lourido.
- Xaneiro 19: BNG e o Partido Libertario volven esixir a posta en marcha dunha base de Salvamento Marítimo na Costa.