mércores. 04.12.2024
El tiempo

“A Costa da Morte non existe para os Orzamentos xerais do goberno central”

“A Costa da Morte non existe para os Orzamentos xerais do goberno central”
Signos de abandono no Heliporto de Lires O Heliporto de Salvamento de Lires segue a ser unha das infraestruturas máis necesarias e eternamente esquecidas polo goberno central Pouco esperamos dos Orzamentos estatais na Costa da Morte. Apenas unhas migallas para Tragsa para, seica, rematar o Parador antes de que remate o 2019 e pouco, moi pouco máis. Se ben aínda non están debullados xa hai cifras importantes que reinciden na mesma idea: a Costa da Morte non existe para o goberno central, sexa da cor que sexa. Dende Unión Cidadá Galega veñen de facer unha primeira valoración, lamentando o desinterese estatal tanto por Galicia como pola nosa bisbarra. De feito veñen de presentar sendos escritos aos parlamentarios das catro circunscricións electorais galegas para que voten en contra dos mesmos por “ser lesivos para os nosos intereses, pois hai un recorte de cas un 20% en inversións reais para Galicia”, pois asegura que pasan de 936 millóns de euros de 2018 a 751 nesta proposta para 2019. Pon de exemplo a baixada do “fondo de compensación interterritorial, que afecta ao desenvolvemento económico, industrial e social de Galicia”.

BNG: “A Costa da Morte non existe para o goberno central”

Dende o BNG son máis duros se cabe, e denuncian directamente que “A Costa da Morte non existe para o goberno central”. Sinalan que hai “0 euros en inversión para a nosa comarca”, lamentando que tanto o PP como o PSOE “esquezan sistemáticamente a Costa da Morte” a pesar de ter “instalacións dependentes de entidades estatais, nomeadamente as relacionadas coa Autoridade Portuaria e con Salvamento Marítimo do Ministerio de Fomento”. Poñen de exemplo a posibilidade de vertebrar unha estratexia para recuperar en poñer os Faros de Galicia e da Costa da Morte, como fan en Portugal. ”Están en decadencia, infrautilizados, e ben podían fortalecer a dinamización turística, patrimonial e económica da Costa da Morte”. Concretan no Faro Fisterra, que “precisa dunha importante inversión para activar o Plan do Cabo e poder volver ser declarado coma Patrimonio Cultural Europeo. Sen financiamento do Estado isto non é posible. A recuperación da Vaca do Faro Fisterra está pendente de resposta dende fai anos por parte da Autoridade Portuaria e o Ministerio de Fomento. Do mesmo modo, que está sen culminar a cesión da estrada que sube ao Faro de Fisterra previa o seu arranxo”. Valoran tamén que “Faros coma os de Lariño, cabo Cee, Touriñán, Camariñas, precisan de proxectos e inversión estatal para dotalos coma lugares estratéxicos para a promoción da zona”. Sobre o Parador de Muxía, que en teoría estará rematado este 2019, consideran que “sen vir acompañado de estratexias deste tipo está abocado ao fracaso”. E como non, lembran tamén a “vergoñenta situación de que no se destine nin un só euro para o heliporto de salvamento marítimo de Ruibo, que tendo que estar operativo está en estado de abandono, ante o Corredor de mercancías máis importante case que do mnundo.

Novas relacionadas

Comentarios